Xa chega o verán!
Xa chega o verán e por iso hai que comezar a protexerse do sol. Dende hai moito tempo temos o costume de pensar que si o día esta nubrado xa non hai que poñer protección solar, pero isto non é así. Todo o mundo debería acostumarse a poñer crema todos os días e seguir unhas rutinas durante o verán.
Durante esta etapa do ano débese evitar tomar demasiado o sol durante a media mañá e débese poñer crema cun factor de protección bastante alto sobre todo nos cativos. Ademais hai que poñela bastante a miúdo para que o sol non nos dane a pel.
Outra cousa moi importante é usar lentes de sol xa que os ollos son moi importantes e hai que protexelos ben.
Durante a exposición ó sol hai que hidratarse ben porque coa calor podes ter mareos e por falta de hidratación.
Para mellorar a túa rutina o mellor que podes facer é poñer cremas hidratantes despois de estar en contacto co sol.
Espero que sigades estas indicacións e pasedes un bo verán.
Estou moi dacordo contigo en poñer crema de sol para protexerse no verán
ResponderEliminarHai que por protección ante todo, moi boa entrada.
ResponderEliminar