Receita de gazpacho


Como chega o verán e é bo hidratarse tráiovos unha receita de gazpacho que sirve para refrescarse e ademais está moi rico.

Esta receita é moi sinxela e rápida de preparar.


INGREDIENTES

  • Medio quilo de tomates maduros
  • Medio pemento verde
  • 1 allo
  • Medio cogombro
  • Aceite de oliva  
  • 4 culleradas de vinagre de viño
  • Pan
  • Sal fina
PREPARACIÓN

Escalda e pela os tomates e méteos no vaso da batidora, engade o cogombro pelado e córtao en anacos, o pemento, o allo e o pan remóllaos en auga. Tritura durante uns segundos e engade o sal, o vinagre e o aceite probando para rectificar se fose preciso.

Pasa cun coador a unha sopeira e deixa arrefriar durante unha hora.


Canto máis deixedes arrefriar o gazpacho máis rico estará.

Desexo que vos guste.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Receita sinxela de brownies