Receita sinxela de brownies
Hoxe tráiovos unha receita moi sinxela para facer brownies. Esta encontreina en internet e espero que vos guste.
Os ingredientes que precisaredes son:
- 125 gramos de manteiga con sal
- 3 culleradas de chocolate, cacao en pó sen azucre.
- 1 cunca de azucre
- 1 cullerada de vainilla
- 2 ovos
- 1 cunca de fariña
- 1 cullerada de pós de forno.
Preparación:
- Prequentar o forno a 180C.
- Preparar un molde e cubride o fondo con papel de aluminio.
- Nun bol de vidro poñede a manteiga e o cacao, derretídeo no microondas a potencia alta, uns 45 segundos.
- Mesturádeo cun garfo, agregade o azucre e a vainilla, agregade un ovo e revolvédeo ata que se incorpore totalmente, facer o mesmo co segundo ovo. Agregade a fariña e os pós de fornear, revolver ata que estea listo.
- Vertédeo nun molde.
- Forneádeo durante 20-25 minuto.
- Deixádeo arrefriar totalmente antes de desmoldar e cortar en anacos.
Mmm... parecen deliciosos eses brownies, fareinos un día seguindo esta receita. Un saúdo.
ResponderEliminarPara a próxima comida poderías facer uns poucos brownies, pero so uns poucos eh.
ResponderEliminar