Hoxe tráiovos unha receita moi sinxela para facer brownies. Esta encontreina en internet e espero que vos guste. Os ingredientes que precisaredes son: 125 gramos de manteiga con sal 3 culleradas de chocolate, cacao en pó sen azucre. 1 cunca de azucre 1 cullerada de vainilla 2 ovos 1 cunca de fariña 1 cullerada de pós de forno. Preparación: Prequentar o forno a 180C. Preparar un molde e cubride o fondo con papel de aluminio. Nun bol de vidro poñede a manteiga e o cacao, derretídeo no microondas a potencia alta, uns 45 segundos. Mesturádeo cun garfo, agregade o azucre e a vainilla, agregade un ovo e revolvédeo ata que se incorpore totalmente, facer o mesmo co segundo ovo. Agregade a fariña e os pós de fornear, revolver ata que estea listo. Vertédeo nun molde. Forneádeo durante 20-25 minuto. Deixádeo arrefriar totalmente antes de desmoldar e cortar en anacos. Espero que vos gustara a receita e que vaiades a preparala canto antes.