Publicacións

Haul verán

Nesta ocasión gustaríame darvos uns tips para que esteades guapísimas este verán. Con este vídeo que atopei en youtube estaredes xeniais en calquera ocasión. Tamén queria dicirvos que esta youtuber fai vídeos xeniais e deberíades velos xa que aconsella e fala sobre calquera cousa dende moda e maquillaxe a tags e temas serios da vida cotiá. Estou segura de que vos encantará.

Receita de gazpacho

Como chega o verán e é bo hidratarse tráiovos unha receita de gazpacho que sirve para refrescarse e ademais está moi rico. Esta receita é moi sinxela e rápida de preparar. INGREDIENTES Medio quilo de tomates maduros Medio pemento verde 1 allo Medio cogombro Aceite de oliva   4 culleradas de vinagre de viño Pan Sal fina PREPARACIÓN Escalda e pela os tomates e méteos no vaso da batidora, engade o cogombro pelado e córtao en anacos, o pemento, o allo e o pan remóllaos en auga. Tritura durante uns segundos e engade o sal, o vinagre e o aceite probando para rectificar se fose preciso. Pasa cun coador a unha sopeira e deixa arrefriar durante unha hora. Canto máis deixedes arrefriar o gazpacho máis rico estará. Desexo que vos guste.

Mascarillas de aguacate para o pelo

Imaxe
Como algúns de vos me pedíchedes mascarillas de aguacate hoxe estívenme informando sobre as propiedades desta fruta e vin que é moi eficaz no cuidado do pelo seco, danado, sin brillo e propenso á caída. As grasas insaturadas presentes na mascarilla de aguacate proporcionan ao pelo hidratación intensa, nutre o pelo fortalecendo a raíz e promove a rexeneración capilar .  Esta ligazón lévavos a páxina onde atopei as mascarillas e o proceso de elaboración. Espero que vos axude.

Comeza a túa vida saudable!

Imaxe
Para comezar unha vida saudable non se precisa demasiado, só ter forza de vontade xa que é algo moi imprescindible neste proceso. O mellor non é comezar rápido senón ir pouco a pouco. O primeiro que se debe facer é cambiar as comidas fritas e con moito aceite e graxa por unhas  á prancha. Despois hai que comezar a facer algo de deporte como camiñar, andar en bicicleta ou saír a correr. Hai que facer un pequeno horario para cumprilo e non perder a rutina. Este último é moi importante xa que o deporte é fundamental. Aínda que non o pensemos, o máis importante para ter unha vida saudable é relaxarse e non estresarte. Ademáis é aconsellable durmir máis de 7 horas diarias.

Xa chega o verán!

Imaxe
Xa chega o verán e por iso hai que comezar a protexerse do sol. Dende hai moito tempo temos o costume de pensar que si o día esta nubrado xa non hai que poñer protección solar, pero isto non é así. Todo o mundo debería acostumarse a poñer crema todos os días e seguir unhas rutinas durante o verán. Durante esta etapa do ano débese evitar tomar demasiado o sol durante a media mañá e débese poñer crema cun factor de protección bastante alto sobre todo nos cativos. Ademais hai que poñela bastante a miúdo para que o sol non nos dane a pel. Outra cousa moi importante é usar lentes de sol xa que os ollos son moi importantes e hai que protexelos ben. Durante a exposición ó sol hai que hidratarse ben porque coa calor podes ter mareos e por falta de hidratación. Para mellorar a túa rutina o mellor que podes facer é poñer cremas hidratantes despois de estar en contacto co sol. Espero que sigades estas indicacións e pasedes un bo verán.

Receita sinxela de brownies

Imaxe
Hoxe tráiovos unha receita moi sinxela para facer brownies. Esta encontreina en internet e espero que vos guste. Os ingredientes que precisaredes son: 125 gramos de manteiga con sal 3 culleradas  de chocolate, cacao en pó sen azucre. 1 cunca de azucre 1 cullerada de vainilla 2 ovos 1 cunca de fariña 1 cullerada de pós de forno.  Preparación: Prequentar o forno a 180C. Preparar un molde  e cubride o fondo con papel de aluminio. Nun bol de vidro poñede a manteiga e o cacao, derretídeo no microondas a potencia alta, uns 45 segundos.  Mesturádeo cun garfo, agregade o azucre e a vainilla, agregade un ovo e revolvédeo ata que se incorpore totalmente, facer o mesmo co segundo ovo. Agregade a fariña e os pós de fornear, revolver ata que estea listo. Vertédeo nun molde. Forneádeo durante 20-25 minuto. Deixádeo arrefriar totalmente antes de desmoldar e cortar en anacos. Espero que vos gustara a receita e que vaiades a preparala canto antes.

Tips para sacar mellores notas

Imaxe
Últimamente vexo moito este tipo de vídeos xa que me gustaría poder concentrarme e sacar mellores notas nos exames xa que che da unha serie de consellos para afrontar os exames con máis enerxía e confianza. Como este vídeo me axudou moito gustaríame compartilo con todos vos. Espero que vos sirva de axuda tanto como a min.   Se vos  gustou este vídeo e tendes curiosidade por coñecer esta youtuber deixovos aquí un ligazón para entrar na súa canle. https://www.youtube.com/channel/UC3VNwT3ZOZZbkCr9rdP1FDQ